Natalia Poncela López
Apenas um resultado
Historiadora e crítica de arte, foi editora da publicação Anna Turbau. Galicia 1974-79 (Consello da Cultura Galega, 2017), coordenadora das publicações Tentativas críticas (CGAC, 2016-17) e redatora chefe da revista Art Notes (2004-2010). Crítica de arte no Diario Cultural da Radio Galega (2006-2018), foi curadora de Trompe-lamémoire. Dispositivos de temporalidade e posta en escena (Fundación Luís Seoane, 2000) e Rubén Santiago. Honoris Causa (Sala Alterarte, 2012). Dirigiu e coordenou cursos e seminários como Artes de mediación. Os roles da crítica de arte na era dixital (CGAC, 2000) ou Arte+Educación (Consello da Cultura Galega, 2013). Docente no Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas (USC, 2008-2010) foi membro da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (2007-2018).